Confederación Intersindical Galega (CIG).- O vindeiro martes 24 de febreiro, ás 20:00 h, no Salón de Actos da CIG en Vigo, a Fundación Moncho Reboiras e a Cig Comarca de Vigo organizan unha charla-coloquio para informar da situación que está a travesar a Venezuela, dos desafíos que confronta a Revolución Bolivariana, no contexto actual de ataque dos sectores oligárquicos internos combinados co imperialismo norteamericano.
O compañeiro Gonzalo Gómez Freire, fundador do portal informativo Aporrea.org e membro da tendencia marxista Marea Socialista, vainos achegar unha visión de primeira man sobre como a clase traballadora, os sectores populares revolucionarios e o goberno bolivariano da Venezuela confrontan as manobras golpistas da dereita, a guerra económica (sabotaxe, acaparamento, especulación) das grandes empresas privadas e as operacións xeopolíticas de manipulación dos prezos mundiais do petróleo polos Estados Unidos.