Asociación Galego-Bolivariana “Hugo Chávez” - Cubainformación.- A Asociación Galego Bolivariana Hugo Chávez convida á CHARLA-coloquio: "X Encontro da Rede Mundial en defensa da Humanidade", coa intervención do escritor e xornalista Gustavo Luca. Este xoves, 5 de marzo, ás 20 horas, en Andel, na avda. Camelias, 102, de Vigo.
Conectar as loitas de liberación de América coas doutros pobos do mundo foi o soño de Fidel e Chávez ao promoveren a Rede en Defensa da Humanidade en 2004. No décimo aniversario da internacional anti-capitalista, representantes de 132 paises reuníronse en Caracas para debater a crise económica e a resistencia contra a propiedade privada da información. Entre as persoas convocadas ao encontro estaba o xornalista Gustavo Luca.