Cubainformación.- El próximo 25 de mayo a las 20 hs, tendrá lugar una charla sobre la situación actual de Venezuela en el Museo Manuel Torres Marín de Pontevedra.


Participarán Mónica Sánchez Morles, Cónsul General de la República Bolivariana de Venezuela en Vigo y el ex Ministro de Cultura de la presidencia Chávez, Farruco Sesto Novas

Adjuntamos un mail que está circulando, que muestra como la Contrarrevolución venezolana se está organizando para bloquear la actividad, tal como sucedió la semana pasada en Madrid.

La organización pide por ello una movilización mayor en solidaridad con la Revolución bolivariana y contra el Fascismo.

 

IMPIDAMOS QUE A EXTREMA DEREITA VENEZOLANA ATERRORICE O NOSO PAÍS!

ASOCIACIÓN DE AMIZADE GALEGO-CUBANA FRANCISCO VILLAMIL

O vindeiro 25 de maio, ás 20 horas en Marín, no Museo Municipal Manuel Torres (avda. Ourense), terá lugar unha conferencia na que intervirán a cónsul de Venezuela en Galicia, Mónica Sánchez, e Farruco Sesto, escritor galego que foi Ministro de Cultura no país caribeño.

A extrema dereita venezolana pretende rebentar o acto, como xa fixo recentemente en Madrid, onde realizou unha retención ilegal do embaixador venezolano e das persoas asistentes a unha charla.

A catadura moral dos que pretenden impedir a celebración da conferencia móstrase claramente no panfleto que distribuíron, onde cualifican os posibles asistentes ao acto como "hijos de puta chavistas".

En xornais e televisións, a extrema dereita venezolana é presentada como inocente vítima da represión do presidente Nicolás Maduro. Esa falsidade pode desementirse consultando a ligazón http://albaciudad.org/2017/05/lista-fallecidos-protestas-venezuela-abril-2017/, na que aparece a lista das persoas mortas nas violentas protestas antichavistas e as circunstancias do falecemento. A crueldade de ditas protestas pode verificarse igualmente na ligazón https://www.youtube.com/watch?v=79Wj36Sau08onde se ve como un autobús conducido por opositores é lanzado contra a policía, causando a morte de dous axentes.

Na ligazón https://www.youtube.com/watch?v=_0CukqrU3dM tamén podemos comprobar como Leopoldo López, líder opositor en prisión, dirixe o secuestro do Ministro de Interior, Ramón Rodríguez Chacín, durante o fallido golpe de estado contra Hugo Chávez o 11 de abril de 2002.

A oposición venezolana non só busca derrocar violentamente o presidente Nicolás Maduro, elixido democraticamente en 2013, senón que incluso pretende impoñer a súa autoridade no noso país e impedir que nós, galegas e galegos, poidamos desprazarnos a onde libremente decidamos.

Por todo iso, chamamos a todas as persoas demócratas a difundir activamente a conferencia de Marín do 25 de maio e a estar presentes nela para disuadir a estes individuos da tentación de converterse nos matóns que aterrorizan as nosas rúas.

América Latina
Un nuevo intento de desestabilización masiva en Venezuela, vinculado a financiamiento externo y criminalidad organizada, está en pleno desarrollo (Foto: AP) Tomada de Misión Verdad....
Lo último
La Columna
La Revista