Terra Sem Amos.- O pasado 23 de marzo celebrouse en Vigo unha charla organizada por unha comisión no marco da campaña “Mans fóra de Venezuela”, que pretendía denunciar a manipulación informativa e a intervención de EUA na vida dese país. Participaban o cónsul da República Bolivariana e Agustín Otxotorena, empresario vasco con presenza naquel país dende hai ben de anos.


Transcorrido un breve tempo e, dun xeito organizado, un grupo de provocador@s comezaron a berrar, ameazar e facer acenos agresivos coa intención nidia de rebentar o acto. A reacción maioritaria e pacífica do público fixo que tiveran que abandonar a sala. Pouco despois apareceu a policía, acompañada coa que aparentaba ser a xefa do grupo provocador, quen arbitrariamente sinalou a catro persoas de entre o público, ás que a policía tomoulles os datos coma supostas responsábeis dun comportamento violento que de ningún xeito existiu, tal como poden acreditar todas as persoas asistentes. Meses despois, esas persoas recibiron unha notificación xudicial de que estaban acusadas de agresións.

Esta campaña quere contribuír a conseguir que a verdade dos feitos saia á luz, denunciar a provocación e, ao tempo, sufragar os gastos de defensa xurídica das vítimas da acusación.

Quen queira solidariamente axudar a afrontar  os custos do xuizo ao que se enfrontan estes compañeir@s  ( avogados, procuradores..) pode facer a súa achega no número de conta ES67 2080 5000 6730 4019 4383 indicando  no asunto AXUDA SOLIDARIA PARA O XUIZO. (A titularidade da conta corresponde á Asociación de Amizade Galego-cubana Francisco Villamil).

América Latina
Cubadebate - Foto: EFE.- La Organización Internacional para las Migraciones (OIM) confirmó este viernes que al menos 40 migrantes murieron y otros resultaron heridos tras incendiarse la nave que los trasladaba frente a las costas de Cab...
Venezuela News.- La extrema derecha venezolana ha desplegado un plan para hacerle creer al mundo que ellos son los ganadores de las elecciones del 28J para así justificar acciones de violencia....
Lo último
La Columna
La Revista