Terra Sen Amos.- O universal propósito de rematar o criminal Bloqueo contra Cuba, xuntou por un intre a Triple Alianza de Galiza, Eukadi e Catalunya, a histórica Galeuzca á que agora súmase Unidas Podemos. As formacións nacionalistas presentaron na quarta feria 2 de xuño unha proposición non de Lei perante a Comisión de Asuntos Exteriores do Congreso para o goberno do Estado intervir na súa condición de aliado estratéxico, socio da OTAN e axente clave na rede nuclear dos EUA, e  pedirlle ao goberno de Washington que cese o bloqueo contra Cuba.


As formacións políticas desta alianza de Unidas Podemos coas nacionalidades do Estado Español contra o Bloqueo, enxértanse en todo o espectro de tendencias do Congreso desde esquerda independentista a conservadores autonomistas e socios do goberno do PSOE. O partido que goberna a autonomía de Catalunya está coa moción.

BNG, Unidas Podemos, ERC, EH Bildu, CUP, Junts per Catalunya e Compromis condenan o ilegal instrumento intervencionista do Bloqueo e remarcan que é contrario ao dereito internacional limitar o dereito básico de relación entre Estados, como está a facer EUA con Cuba, e resulta infame aplicalo en tempo de excepcional emerxencia sanitária como é a Pandemia.

Os partidos asinantes entenden que o actual inquilino da Casa Branca representa unha xestión con matices distintos da anterior presidencia o que podería significar unha oportunidade para Estados Unidos librarse da vergoña do asedio máis prolongado da era actual. Ante a opinión aldraxada da Asemblea das Nacións Unidas, é o criminal cerco aplicado polo pais máis armado da historia da humanidade contra un pequeno arquipélago no Caribe, cativo e sen recursos, e grande en solidariedade, defensa da independencia e xustiza socialista.

O nome Galeuzca é un acrónimo de Galiza, Euskadi e Catalunya, ideado en 1923 como alianza para a reivindicación nacionalista, recuperado no 41 para combater o rexime fascista e reivindicar a independencia defendida coma direito na carta de San Francisco.

Contra Cuba
La Habana, 8 jul (Prensa Latina) La representante del Fondo de Naciones Unidas para la Infancia (Unicef) aquí, Alejandra Trossero, consideró que las dificultades para movilizar recursos limita hoy el alcance e impacto del trabajo de esa...
La Habana, 1 jul (Prensa Latina) El coordinador residente del Sistema de Naciones Unidas (SNU), Francisco Pichón, aseguró hoy que el bloqueo de Estados Unidos y las sanciones contra Cuba, dificultan el trabajo de las agencias especiali...
Resalta Cuba declaraciones en ONU sobre designación terrorista (+post) La Habana, 29 jun (Prensa Latina) Cuba aprecia las recientes declaraciones del vocero del secretario general de la ONU, Stéphane Dujarric, sobre la i...
Lo último
La Columna
La Revista