Coordinadora Galega de ONG para o Desonvolvementeo - Cubainformación.- A Xunta de Galicia e o Partido Popular incumpren sistematicamente os compromisos de aumentar o orzamento destinado á loita contra a pobreza.

O informe Unha cooperación pobre para os máis pobres analiza o descenso  que, en 2011, sufrirán estas partidas.


Santiago de Compostela, 17 de novembro. En 2011, a cooperación galega no exterior descenderá un 19,4% en termos relativos e 1.882.000 € en termos absolutos, con respecto a 2010. Unha tendencia á baixa que, dende 2009, ten reducido un 33% o orzamento dedicado á loita contra a pobreza. Estas son algunhas das principais conclusións do informe Unha cooperación pobre para os máis pobres elaborado pola Coordinadora Galega de ONGD a partir da Lei de Orzamentos para o ano 2011. «A Xunta de Galicia impide que exista unha cooperación de calidade», asegurou José Luis Pastoriza, o autor do informe, en rolda de prensa.

A partir destes datos, a Coordinadora Galega de ONGD denuncia que o goberno galego e o Partido Popular incumpren sistematicamente os compromisos de aumentar o orzamento destinado á loita contra a pobreza que se conteñen no II Plan Director da Cooperación Galega ao Desenvolvemento (2010‐2013) e no Pacto Galego contra a Pobreza asinado polo PPdG, PSdG e BNG o pasado 16 de outubro. «Tres días despois da firma do Pacto por parte dos portavoces parlamentarios, o goberno presentou uns orzamentos que din o contrarios do que foi asinado», comentou Xosé Mª Torres, presidente da Coordinadora Galega de ONGD.

Outros datos do informe mostran como:

  • A Xunta de Galicia destina á loita contra a pobreza un 0’08% do seu orzamento, fronte ao 0’7% contemplado na Lei Galega de Cooperación para o Desenvolvemento e no Pacto Galego contra a Pobreza. «No artigo 21.9, a lei di que se tenderá a acadar o 0,7% do orzamento en materia de cooperación e isto non se está a cumprir por falta de vontade política», remarcou Pastoriza.
  • Galicia continúa a ser a comunidade autónoma que menor orzamento destinou historicamente a cooperación internacional ao desenvolvemento.
  • A Xunta de Galicia ten reducido en dous anos un 33% o orzamento destinado á erradicación da pobreza, fronte a unha redución do 15% do seu orzamento total.
  • O goberno galego destina 4 € por habitante á cooperación, a segunda cifra máis baixa do Estado español.

Por todos estes motivos, a Coordinadora Galega de ONGD demanda:

  • Que os partidos políticos con representación no Parlamento de Galicia (PPdG, PSdG‐PSOE e BNG) manifesten o seu compromiso coa erradicación da pobreza mediante a presentación de emendas ao proxecto de Lei de Orzamentos para o ano 2011 que garantan unha dotación orzamentaria da cooperación exterior ao desenvolvemento cunha cantidade mínima de 10.000.000€ de xeito que, a devandita función de gasto, represente ao menos o 0’1% do orzamento total consolidado da Xunta de Galicia .
  • Que o goberno da Xunta de Galicia presente publicamente un calendario de financiamento da cooperación exterior ao desenvolvemento para os vindeiros tres anos que garanta o cumprimento das previsións contidas no II Plan Director da Cooperación Galega para o Desenvolvemento (2010‐2013).
  • Que os partidos políticos (PPdG, PSdG‐PSOE e BNG) asinantes do Pacto Galego contra a Pobreza promovan a sinatura de Pactos Locais contra a Pobreza e introduzan nos orzamentos dos concellos e deputacións galegas partidas económicas destinadas ao financiamento da cooperación ao desenvolvemento con garantías de sostibilidade, previsibilidade e unha contía que garanta accións eficaces e de calidade

Acceder ao informe >>>

Cuba
Luis Raúl Vázquez Muñoz - Juventud Rebelde.-La televisión transmitía en vivo los sucesos. Era el 5 de agosto de 1994: un verano cargante, de calor y carencias. Aunque los apagones se habían nivelado un t...
Adianez Fernández Izquierdo - Juventud Rebelde.- Cuba es su gente, más allá de esa imagen allende fronteras que nos traduce en tabaco y ron. Puede un cubano distinguirse en cualquier país del mundo por su frescura, el...
La Habana, 24 jul (Prensa Latina) La Institución Religiosa cubana Quisicuaba entregó hoy insumos médicos y material gastable a hospitales de la occidental provincia de Artemisa. De acuerdo con el presidente del también pro...
Lo último
La Columna
Hablemos sobre Venezuela
.Normalmente, antes, durante y post, al realizarse un evento electoral en Venezuela, recrudece la jauría mediática nacional e internacional, con mentiras, tergiversaciones, maldad, manipulación, entre otras sobre Venezuela, que e...
La Revista