Blanca Francés Rodríguez e Pedro Ocampo Cardalda, concelleiros de EU-SON do Porriño - SON en Común, solidarizámonos co pobo cubano e esiximos o fin do Bloqueo imposto por EEUU.


En tempos nos que o mundo vese afectado fortemente polo COVID-19 evidéncianse as enormes limitacións que impón a Cuba o Bloqueo económico de EE.UU, o cal é impedimento fundamental para adquirir medicamentos, equipos e materiais precisos para afrontar a pandemia, e dificultan as posibilidades de prestar e recibir axuda internacional.

O Bloqueo impide a compra de material e tecnoloxías médicas que teñan máis de un 10% de compoñente estadounidense. Pero as empresas de EE.UU son as principais produtoras de equipos e instrumental médico en calquera país do mundo. Cuba non ten acceso, en condicións de igualdade a outros estados, aos recursos e tecnoloxías necesarios para loitar contra unha pandemia mundial.

Constantes multas e sancións contra terceiros países dificultan as operacións comerciais de Cuba, incluída a compra produtos e tecnoloxía médica. A chegada a Cuba de donativos dificúltase dadas as restricións que impón o bloqueo aos bancos, navieiras e compañías aéreas. Ademais, a escaseza de combustible, como consecuencia das presións extraordinarias impostas en 2019 sobre as navieras, armadoras e aseguradoras que o transportan a Cuba, perxudica o funcionamento e a capacidade de resposta rápida do sistema de saúde cubano.

O pobo cubano, sen embargo e pese a estas condicións penosas que lle impón un bloqueo, xamais deixou de ser solidario, incluso nas condicións de pandemia mundial como a que hoxe estamos a sufrir.
A solidariedade internacional foi sempre e é un principio do pobo cubano. Cuba pon o seu coñecemento científico e recursos humanos ao servizo da humanidade. O resto dos pobos temos que responder se queremos estar á altura dun xesto de tanta dignidade.

Por todo isto, esiximos: O fin inmediato do Bloqueo criminal e inhumano imposta por EE. UU contra Cuba e o seu pobo soberano e libre.

Ver no facebook de Eu son do Porriño

Opinión
Max Lesnik - Radio Miami Today.
¿Qué daño te ha hecho Cuba? Simplemente ha decidido vivir a su manera. Foto: JIT....
Lo último
Isabel Rubio, razones para la libertad
Marilys Suárez Moreno - Revista Mujeres.- Dicen que fue una mujer de armas tomar y su historia de vida no deja dudas sobre la también llamada Capitana de Vuelta Abajo. Ferviente seguidora de los planes insurreccionales de José Ma...
Ver / Leer más
La Columna
La Revista