Acto de solidariedade e festa galego-cubana
Asociación de Amizade Galego-Cubana - Cubainformación.- Este próximo sábado dia 12 de fevereiro ás 19:30 hs realizaráse un acto de solidariedade cos Cinco heroes cubanos presos inxustamente nos cárceres de EE.UU.
O acto será na vila marinheira arousá do Grove. No SMALL, rúa Pombal, 7.
Está previsto que falen: Alejandro Fuentes Hernández, Cónsul Xeral da República de Cuba en Galiza e Gustavo Luca de Tena, xornalista, escritor e membro da directiva da Asociación de Amizade Galego-Cubana "Francisco Villamil".
Despois do remate terá lugar umha pequena festa galego-cubana.
O acto é iniciativa do compañeiro e camarada Xosé Meis e do noso grupo de apoio e amigos do Grove e preséntase organizado pola nosa Asociación de Amizade Galego-Cubana "Francisco Villamil".
Posíbelmente o Cónsul será recebido no Concello.