Asociación de Amizade Galego-Cubana "Francisco Villamil".- O próximo sábado, 13 de agosto ás 20:00 hs terá lugar un acto de homenaxe a Fidel Castro Ruz, líder histórico da Revolución Cubana que, nese dia celebra o 85 aniversario do seu nacemento.

CARTEL EN EL INTERIOR


Vai ser na Escola Popular Galega, na Rúa Real, 12 (baixo). Vigo - Galiza e nel falará: Alejandro Fuentes Hernández, Cónsul Xeral da República de Cuba en Galiza.

 

Organizan: Partido Comunista do Povo Galego (PCPG) e o Ateneu Proletário Galego

Colaboran: Asociación de Amizade Galego-Cubana "Francisco Villamil" e os Centros Sociais: Faísca, Bou Eva e Revolta.

 

"Fidel: Companheiro, Comandante, Amigo:

Ante a data próxima do teu 85 aniversario, os e as galegas/os que loitamos por un mundo melhor e máis xusto queremos saudarte do melhor xeito que sabemos e podemos:

Para nós, celebrar esta data vai ser umha maneira de expresar o noso reconhecimento, gratitude e admiración coa túa inigualábel traxectoria, extensiva á túa obra, a Revolución Cubana que despois de 52 anos segue firme á vangarda dos povos do mundo no camiño certo da emancipación social e a liberación nacional, na construción do socialismo.

Os povos e traballadores de todas as nacións do mundo estamos nun momento caracterizado por enormes desafíos para o noso porvir e mesmo para a salvación do planeta. Reviste especial impòrtancia como avanzar e erguer forzas de auténtico progreso, libertadoras, revolucionarias, agora que é tan preciso e á vez existe confusión e mesmo dispersión das forzas do povo traballador.

Ben sabemos que non hai receitas e por iso estamos con todas as nosas forzas na actividade política e social, na elaboración teórica no marco da batalha de clase e de ideas contra este explotador insostibel e arcaico sistema capitalista, na súa fase imperialista.

A Revolución Cubana que ti contribuiches a criar, o seu exemplo, en todas as súas etapas, a súa vitória en tantas frontes continúa a ser, para nós galegos/as e para todos os povos do mundo, unha fonte insubstituíbel de ensinanzas. Nunca para repetir nin copiar esquemas, mais tampouco para descartar principios senón para afirmalos.

O teu nome e o de tantos e tantas revolucionarios/as cubanas/os están hoxe presentes no noso pensamento e nos nosos corazóns cando nos estremecemos polos sufrimentos e miserias que nos impón a brutalidade do capitalismo e a súa bestialidade imperialista.

A vosa loita heroica, exemplar nese combate universal por abrir as portas agora fechadas á luz lémbrannos todos os días a dureza extrema do combate. Mais estamos aí custe o que custe..Non temos alternativa.

Queremos ser dignos das túas consignas ou palabras de orde:

Patria, Socialismo ou morte! Venceremos! Nada é imposibel para os que loitan!. Umha idea xusta desde o fundo dumha cova vale máis do que un exército! Até a vitoria sempre!

Desde a Terra que viu nacer ao teu pai e aos teus antepasados dicímosche:

Parabéns no teu 85 aniversario, Fidel.

Galiza está contigo e coa Revolución Cubana!.

Viva Cuba Socialista!

Comandante, ordene!!"

Saúdos revolucionarios e internacionalistas

 

Solidaridad
Washington, 18 jul (Prensa Latina) La representación en California de la mayor central obrera existente hoy en Estados Unidos aprobó por unanimidad en su Convención una resolución que exige retirar a Cuba de las lista de p...
Cubainformación.- Como celebración del Día de la Rebeldía Nacional de Cuba (el veintiseis de julio), el sábado 27 a las 12:30 horas, en la Plaza de La Habana de Xixón / Gijón (Asturies), junto al monum...
Lo último
La Columna
La Revista