Cidade do Porto, 16 de xuño de 2012

Asociación de Amizade Galego-Cubana "Francisco Villamil" - Cubainformación.- Facer visíbel a violencia dos estados ricos e comerciantes de armas contra un país sen recursos como Cuba, defensor da independencia e do socialismo e exportador de saúde e de escola, fora compromiso do I Encontro en Compostela, en xuño do 2011.


No tempo andado desde aquela, o capitalismo ocupa novos territorios e acelera a depredación e o derrubamento dos dereitos básicos. Tratar destas renovadas ameazas, será o traballo da reunión do 16 de xuño en Porto. No primeiro lugar da axenda, figura o común traballo de solidariedade con Cuba. Ao tempo, debater sobre o bloqueo ha servir de espello para o grave castigo que a crise da acumulación de capital está a producir nas dúas beiras do Miño.

Cincuenta anos despois do II Manifesto da Habana, en Cuba varias xeracións ensaiaron relacións sociais nun marco legal que exclúe as prevalencias de clase e de orixe, e perfeccionan institucións para a defensa deste novo xeito de vida. Quen se atrevería a negar a modernidade desta opción?

A Asociación de Amizade Galego-cubana "Francisco Villamil" e Porto Com Cuba convídante encarecidamente a participar neste encontro. A xornada comezará coa saída en autobús desde Santiago o 16 ás 10.30, parando en Vigo e Baixo Miño. Con posterioridade ao xantar (que poderá levarse ou realizarse en Porto), iniciaranse os debates, rematando cunha cea de convivencia e o regreso a Santiago en torno ás 3-4 da madrugada. O prezo (autobús e cea en Porto) será arredor de 40 euros. Prégase a todas as persoas interesadas inscribirse antes do 5 de maio no enderezo galegocubana@gmail.com, no local da Asociación en Vigo (os xoves, de 18 a 20 h.) ou no teléfono 986 432892.

Solidaridad
Cubainformación.- Este martes 23 de julio de 2024, el pleno del ayuntamiento de Hernani, en la provincia de Gipuzkoa, aprobó de forma unánime, con los votos de todas las fuerzas políticas*, la moción titulada "...
Confirmando un estrecho vínculo entre las realidades organizativas locales y gracias a la participación confirmada del Circulo Italia-Cuba "Granma ",de Celle Ligure, del icono del deporte cubano Ana Fidelia Quirot y de la impo...
Canal Caribe.- La Sala Villena de la UNEAC acogió este lunes un coloquio contra el fascismo en el que se debatió el papel movilizador de la Cultura. En el encuentro se rindió homenaje al artista valenciano, Josep Renáu y p...
Lo último
La Revista