Por intentar evitar crimes similares, 5 cidadáns cubanos (Antonio, Fernando, Gerardo, Ramón e René) están presos en EE UU desde 1998. Os Cinco estaban infiltrados nos grupos terroristas de Miami, que asasinaron 3.478 cidadáns da Illa desde 1959. A arbitrariedade do arresto foi recoñecida polo Grupo de Traballo sobre Detencións Arbitrarias da ONU en 2005. Non foi respectado o dereito a un xuízo imparcial, ao ser xulgados en Miami, feudo da extrema dereita cubana, como mostran os xornais da propia cidade.
“Encabezados polos congresistas cubanoamericanos L. Díaz-Balart e Ileana Ros, miles de exiliados cubanos maniféstanse a favor de George Bush, da guerra de Irak e do embargo a Cuba” (El Nuevo Herald, Miami, 31.03.03)
“Medo a ser xurado en xuízo contra espías” (El Nuevo Herald, Miami, 02.12.00)
Numerosas entidades e persoas téñense interesado polos Cinco: Amnistía Internacional, varios premios Nobel (Pérez Esquivel, Rigoberta Menchú, Saramago, Gu?nter Grass, Darío Fo, Harold Pinter…), o Senado de México, a Asemblea Nacional de Panamá, Mary Robinson (expresidenta de Irlanda), numerosos parlamentarios de Europa e América, Jimmy Carter, Oliver Stone…
O 14 de setembro, alcemos, pois, a nosa voz pola liberdade dos Cinco.
Máis información en http://www.freethefive.org/liberenaloscinco.htm
ASOCIACIÓN DE AMIZADE GALEGO-CUBANA FRANCISCO VILLAMIL