Mar de Lumes - Cubainformación.- Exactamente un ano despois da nosa apresentación pública o 5 de maio de 2013, un grupo de activistas do Comité Galego de Solidariedade Internacionalista Mar de Lumes celebramos na praza da Ferraría de Pontevedra o primeiro aniversario da organización cun acto simbólico que repetiu o realizado doce meses antes: o despregamento de bandeiras de nacións sen Estado que dunha ou doutra forma e en diferentes fases están a loitar pola súa soberanía e independencia nacional: a Escocia, Cataluña, o Saara, a Palestina, o Québec, a Córsega, Euskal Herria, o Curdistán e outros pobos estiveron alí representados.


 

O acto concluíu coa leitura do manifesto da organización e co repaso das máis de cincuenta actividades solidarias que Mar de Lumes ten realizado, organizado ou co-organizado no seu primeiro ano de vida, e que inclúen tamén outras accións simbólicas, palestras e coloquios, celebracións e concentracións que, ademais do apoio aos procesos de autodeterminación, tamén serviron para denunciarmos o imperialismo alá onde se exerce máis descarnadamente: na América Latina e no Oriente Medio.

Os actos explicando a guerra mediática en Venezuela, denunciando o bloqueo en Cuba e exixindo a liberación dos seus presos políticos nos Estados Unidos, así como dando voz a pobos moitas veces obviados nas grandes axendas como o andaluz, o curdo, o palestino ou o saarauí ou recuperando momentos históricos como o 25 de abril de 1974 en Portugal conxugáronse con mobilizacións, entre outras, a través da plataforma Galiza contra a Guerra (da que somos unha das organizacións promotoras) contra a invasión imperialista proxectada contra a Siria hai só uns meses.

Co acto de onte, avaliamos positivamente o traballo realizado e renovamos o compromiso militante cos principios da organización: apoio aos procesos de emancipación, denuncia do imperialismo e servir de amplificador internacional do conflito galego aos demais pobos do mundo, á procura dunha solidariedade de ida e volta.

Solidaridad
Santa Clara, Cuba, 27 jul (Prensa Latina) Los integrantes de la Asociación Cultural José Martí USA, realizaron hoy aquí un donativo de medicinas para los centros asistenciales de salud Pública de la provincia centra...
Ciudad de México, 27 jul (Prensa Latina) El Monumento a la Revolución, el Ángel de la Independencia, las jardineras de Reforma y edificios del Zócalo de esta capital fueron iluminados con los colores de la bandera cubana p...
Cubanos y ecuatorianos recuerdan aniversario 71 de asalto al Moncada (+Fotos) Quito, 26 jul (Prensa Latina) Cubanos y ecuatorianos recordaron hoy en esta capital el aniversario 71 del Asalto al Cuartel Moncada, fecha en la que se conmemora el D&iacu...
Lo último
La Columna
La Revista