De esquerda a direita: Moncho Leal (Fco. Villamil), José Antonio Solana (Cónsul Xeral) e Pedro Cortegoso (Mar de Lumes)

Mar de Lumes.- Na tarde do día 12 de marzo, celebramos na facultade de Belas Artes de Pontevedra unha palestra sobre a actualidade cubana da man do compañeiro Moncho Leal da Asociación de Amizade Galego Cubana Francisco Villamil e do Cónsul Xeral da República de Cuba en Galiza, José Antonio Solana.


Leal e Solana referíronse ao novo tempo político e social que se abre en Cuba após os Estados Unidos teren recoñecido a ineficacia do bloqueo para conseguir os seus intereses imperialistas e despois da histórica declaración simultánea de boa disposición a abrir diálogos que deberían levar a restabelecer as relacións diplomáticas. A ese respeito, o Cónsul Xeral lembrou que as conversas están unicamente nunha fase preliminar e que as relacións continúan bloqueadas na medida en que a Casa Branca non decretou o fin do bloqueo nen das restricións que impón desde hai cinco décadas contra a illa.

Houbo tamén ocasión de deixar claros cais son os limites que os negociadores cubanos porán nas conversas: a non inxerencia e o respeito á independencia e á soberanía de cada un dos países. Tal como declarou o Cónsul: "Nós non lles exiximos aos EUA que muden o seu sistema social. Eles non nolo poden exixir a nós".

Desde Mar de Lumes, como organización anti-imperialista e como non pode ser doutro xeito, saudamos as novas posibilidades que se abren para o desenvolvemento de Cuba, non só en relación aos Estados Unidos — sendo cientes de que alén da metodoloxía, o seu obxectivo, que é apoderarse da illa, permanece intacto —, como tamén en relación á actualización dos mecanismos económicos e sociais para continuar a afondar na vía do socialismo e da soberanía dos povos.

Solidaridad
Asociación de amistad con Cuba Miguel Hernández de Alicante - Cubainformación...
Berlín, 29 jul (Prensa Latina) Alianzas de izquierda se reunieron en la capital alemana para celebrar la solidaridad con Cuba en ocasión del aniversario del asalto al cuartel Moncada, indicaron hoy fuentes diplomáticas. En el eve...
Washington, 29 jul (Prensa Latina) Otras dos mil 750 libras de leche en polvo llegarán hoy a Cuba procedentes de Estados Unidos como parte del esfuerzo solidario de las organizaciones Puentes de Amor y CodePink. «Sin descansar siquiera d...
Lo último
La Columna
Cuba y Venezuela
Gerardo Moyá Noguera*.- Cuba y Venezuela, como otros países del cono sur, están y estarán siempre en el punto de mira del imperio/EEUU y sus lacayos europeos. No consienten que el socialismo avance como el agua en  es...
La Revista