Terra sen amos - Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil" - Cubainformación.- En nome da Asociación de Amizade Galego-cubana Francisco Villamil, solicito cobertura informativa para o acto de presentación do libro conmerativo do XXX aniversario da nosa formación, titulado "TRES DÉCADAS DE GALIZA COA REVOLUCIÓN CUBANA", que se celebrará en Santiago o 29 de setembro ás 20 horas na libraría Pedreira (r/ Home Santo, 55).


Nel intervirán Xosé Neira Vilas, José Antonio Solana (Cónsul xeral da republica de Cuba), Gustavo Luca de Tena e Roi Casal.

Agardando a súa presenza no acto, reciba un cordial saúdo.

Valentín Alvite, presidente da Asociación Francisco Villamil

Teléfono: 626 12 01 19

galegocubana@gmail.com 

BREVE RESEÑA DO LIBRO

Dentro dos actos conmemorativos do XXX aniversario da Asociación de Amizade Galego-cubana Francisco Villamil, terá lugar a presentación do libro anteriormente citado, que recolle a historia desta entidade. A actividade desenvolvida pola Francisco Villamil foi evolucionando no tempo. Iníciase a mediados dos oitenta, cando Cuba, vinculada ao COMECOM e á Unión Soviética, vive unha época de gran progreso económico e social, como reflite o Indice de Desenvolvemento Humano da ONU de 1990, que sitúa a Illa caribeña no posto 37 entre os países de desenvolvemento alto. Nesa época, a actividade da Villamil céntrase no ámbito cultural.

No inicio dos noventa, coa desaparición da URSS e do COMECOM, Cuba perde o 85% do seu comercio exterior e entra nunha grave crise económica. A Francisco Villamil deriva entón os seus esforzos cara á solidariedade material. No novo século, a aparición de diversos gobernos progresistas latinoamericanos e a creación de novas alianzas políticas, como a ALBA e a CELAC, comezan a mudar favorablemente a situación para Cuba. A actividade da asociación céntrase a partir de aí na divulgación de informacións sobre a Illa ocultadas polos grandes medios de comunicación.

Na elaboración do libro, participaron xornalistas, como Gustavo Luca de Tena; escritores, como Xosé Neiras Vilas ou Anxo Angueira (presidente da Fundación Rosalía de Castro), e diversos intelectuais cubanos, como o escritor Luis Toledo Sande ou o escultor René Negrín (autor da estatua de José Martí en Vigo), e algúns dos anteriores cónsules cubanos en Galicia, como María Sánchez ou Alejandro Fuentes.

Terra sen amos - Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil"

WEB - http://www.terrasenamos.org

FACEBOOK - Terra sen Amos

TWITTER - @galegocubana

Solidaridad
Asociación de amistad con Cuba Miguel Hernández de Alicante - Cubainformación...
Berlín, 29 jul (Prensa Latina) Alianzas de izquierda se reunieron en la capital alemana para celebrar la solidaridad con Cuba en ocasión del aniversario del asalto al cuartel Moncada, indicaron hoy fuentes diplomáticas. En el eve...
Washington, 29 jul (Prensa Latina) Otras dos mil 750 libras de leche en polvo llegarán hoy a Cuba procedentes de Estados Unidos como parte del esfuerzo solidario de las organizaciones Puentes de Amor y CodePink. «Sin descansar siquiera d...
Lo último
La Columna
La Revista