Terra Sen Amos.- A Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil vai presentar dia 19 de abril en Compostela e 25 en Vigo,  Palabras Galegas para Fidel, un libro feito para recordar a figura de quen foi lider histórico da loita pola independencia e o socialismo no seu pais e o mais decisivo promotor da solidariedade internacionalista na batalla contra o imperialismo.


Como resultado do traballo de edición realizado para o libro, o ronsel de Fidel abroia en opinións espontáneas e abertas, cruzadas de agradecimento e emoción, recollidas en todo o pais e ordenadas á beira de artigos asinados por un escollido feixe de nomes do sindicalismo, a cultura, a representación política, o feminismo, a militancia nacionalista de esquerdas e o compromiso de fondo con Cuba.

O libro inclúe unha prolixa antoloxía do pensamento de Fidel escolmado no cumprido arquivo das súas intervencións, entrevistas, conversas, reflexións e artigos. Un amplo reconto do pensamento de Fidel sobre todas as materias que el considerou imprescindíbeis para construir a liberación do seu pobo e de todos os pobos do mundo.

A presentación será en Santiago mércores 19 de abril ás 20,00 na libraría Pedreira, rúa do Home Santo, 55 e a seguir en Vigo o día 25 martes, á mesma hora, na librería Andel, no 102 da Avenida Camelias.

A homenaxe a Fidel inclúe a edición e distribución do libro antes dun acto programado baixo o mesmo lema de Palabras Galegas para Fidel no Teatro Principal de Pontevedra para sábado 29 de abril ás 19,30.

O acto, presentado pola actriz Mónica Camaño, será de balde (ata completar aforo)  e incluirá catro apartados: (interpretacións musicais, recitado de poemas, intervencións políticas e proxección de vídeos), contando coa participación das persoas que a seguir se indican.

POETAS: Anxo Angueira, Marta Dacosta, Pepe Cáccamo, Manolo Pipas, Celso Parada e Luz Fandiño.

MÚSICOS: Tino Baz, Mini e Mero, Uxía Senlle.

ORADORES: M. Anxo F. Lores (alcalde de Pontevedra), J. A. Solana (cónsul de Cuba), Willy Toledo (actor e activista) e Valentín Alvite (presidente da Asoc. Francisco Villamil)
Agardamos contar coa vosa presenza e activa colaboración na difusión desta homenaxe.

Vémonos en Pontevedra.

VIVA FIDEL!

Solidaridad
Cubadebate - Foto: Getty.- En una carta fechada este miércoles 31 de julio, 46 congresistas de Estados Unidos han exhortado al presidente Joe Biden a revertir la designación que pesa sobre Cuba como país supuestamente patrocinado...
Asociación de amistad con Cuba Miguel Hernández de Alicante - Cubainformación...
Berlín, 29 jul (Prensa Latina) Alianzas de izquierda se reunieron en la capital alemana para celebrar la solidaridad con Cuba en ocasión del aniversario del asalto al cuartel Moncada, indicaron hoy fuentes diplomáticas. En el eve...
Lo último
La Columna
Hipernormalización
Rosa Miriam Elizalde - HyperNormalisation (2016), documental de culto del cineasta británico Adam Curtis, sostiene que los gobiernos, los financieros y los utópicos tecnológicos han renunciado al intento de modelar el complejo &l...
Yo he visto en Venezuela
He visto: Un sistema de votación que es absolutamente transparente: usted tiene la lista de los votantes del colegio electoral en la entrada, puede comprobar si se encuentra inscrito. A continuación se dirige a la mesa electoral con su ...
La Revista