Asociación de Amizade Galego-Cubana "Francisco Villamil".- O furacán Irma causou unha catástrofe en Cuba. Dez persoas morreron e máis de dous millóns (o 18% da poboación) tiveron que ser evacuadas.
Huracán Irma, septiembre de 2017: todas las cuentas solidarias en el mundo
Entre os principais danos materiais, figuran o derrubamento total ou parcial de miles de vivendas, a paralización de varias plantas de enerxía eléctrica, a perda de colleitas agrarias ou a destrución de parte da infraestrutura turística, hospitalaria e viaria.
A Asociación de Amizade Galego-cubana Francisco Villamil chama a apoiar solidariamente o pobo cubano nestes momentos tráxicos. Para esa finalidade, ten aberta a seguinte conta en ABANCA.
IBAN ES37 2080 0343 0930 4001 0605
Agardando a vosa colaboración tanto na contribución económica como na difusión desta iniciativa.