Luisa Cuevas Raposo - Cubainformación.- Pese a ter cancelado a convocatoria da 67 conmemoración do asalto ao Cuartel Moncada, a directiva da Asociacion de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil mantivo a ofrenda floral que sempre se fai nas actividades ante o busto de José Martí existente en Vigo, autoría do escultor cubano René Negrín.


Aproveitouse para lembrar o significado da data para o pobo cubano como punto de partida para a súa Revolución.

Este ano especialmente destaca a vontade desa Revolución, dende o seu inicio, de brindar como un dereito unha sanidade publica, gratuíta e universal, que tivo os seus resultados nestes tempos de pandemia pola Covid19.

Así mesmo comentouse o carácter internacionalista da Revolución, demostrado tamén nestes momentos que as brigadas médicas cubanas acudiron a 27 países, algúns deles mesmo do chamado primeiro mundo ou mundo desenvolvido.

Saudo Consulado Xeral de Cuba en Galiza e Asturies

Estimados amigos e amigas,

Permítanme, ante todo, agradecer á Asociación de Amizade Galego Cubana "Francisco Villamil" por lembrar a conmemoración de unha importante data para o pobo de Cuba: o Día da Rebeldía Nacional. Igualmente, agradecemos a todos as compañeiras e compañeiros solidarios coa Asociación.

Hai 67 años, a inmensa maioría dos cubanos sumouse á causa encabezada por un líder que alzaba a verdade como principal arma fronte os inimigos do seu pobo.

O asalto aos cuarteis Moncada e Carlos Manuel de Céspedes, abriu a etapa final que culminou no triunfo revolucionario do 1ro de xaneiro de 1959, cando se eliminaron, de raíz, todos os males que denigraban á República. Foron múltiples os heroes que acompañaron a Fidel nesta xesta, entre eles Raúl, Almeida, Celia, Haydee, Melba. Desde ese momento, temos sido un símbolo na defensa da independencia nacional, da xustiza social e da solidariedade internacional.

Longo foi o camiño e grandes os sacrificios. Moitos caeron no camiño, pero é precisamente isto o que nos fai máis fortes e o que nos impulsa a non fraquear no noso empeño de construír unha patria mellor, aínda cando o criminal bloqueo imposto polos Estados Unidos durante 60 anos se agudiza cada vez máis, chegando a extremos insólitos. Desde o comezo do goberno de Donald Trump, téñense tomado medidas que perseguen asfixiar definitivamente a Cuba e a outros países símbolos de independencia nacional, como Venezuela e Nicaragua.

Nin sequera durante a pandemia, Estados Unidos se detivo no seu acoso ao noso país e impulsou unha campaña que intenta desacreditar a colaboración médica cubana no mundo. En intres en que os países deberían antepoñer a solidariedade, a cooperación, o diálogo ás diferenzas e os conflitos políticos, Estados Unidos fixo todo o contrario reforzando o bloqueo imposto ao noso país. Por iso resulta dobremente meritorio que teñamos superado con éxito a pandemia.

Foron meses moi difíciles, aínda que con un efecto diametralmente distinto ao que esperaban os nosos inimigos, que soñaban con que reinaría o caos e que as mortes por coronavirus inundarían as nosas rúas. Ben o dixo o Primeiro Secretario do Partido, Raúl Castro Ruz “non coñecen ben ao noso pobo, os que dubidan da nosa capacidade de crecernos até a altura que demanda cada reto.”

A resposta sanitaria de Cuba sorprendeu aos nosos detractores que non cren como o noso país está a saír airoso do enfrontamento á pandemia, con un 94% de recuperación do total dos casos afectados. Todo isto, reflexo da vontade política do noso goberno e o Partido, que reúnen a todos os organismos, institucións e sectores, nun traballo de participación social.

Cuba tamén ondeou a bandeira da solidariedade internacional. Médicos e enfermeiros cubanos loitan contra a pandemia en países do Caribe, África, Europa e Medio Oriente. Enfoque solidario que tamén demostramos na atención ao transatlántico británico M.S Braemar, en momentos en que a axuda lle fora negada por outras nacións.

Agora, seguimos loitando para asegurar a substentabilidade e o progreso, nun proceso de absoluta continuidade. Traballamos intensamente por facer máis eficiente, xusto e democrático o noso socialismo, nun contexto no que os recursos non abundan. “Así ten sido durante 60 anos, de esforzo sostido de todo o país para vencer as dificultades e seguir adiante, e así terá que ser”, pois a persecución dos EEUU non parece ter fin.

Pero ao igual que aconteceu o 26 de xullo de 1953, o noso pobo non se rinde e é deber de cada un de nós non deixarnos aplastar polas dificultades, por grandes que poidan semellar.

Como expresara o Primeiro Secretario do PCC, Raúl Castro Ruz “Enfrontamos os duros primeiros anos do Periodo Especial e saímos adiante. Entón dixémolo e repetímolo con máis razón hoxe: Si que se pode!”

Viva a Revolución Cubana!

Viva a amizade entre os pobos de Cuba e Galiza!

Consulado Xeral de Cuba en Galiza e Asturies

Solidaridad
trabajadores.cu.- El canciller de Cuba, Bruno Rodríguez, agradeció este lunes los pronunciamientos de 23 organismos internacionales y regionales contra la inclusión de la isla en la unilateral lista de Estados patrocinadores...
Asociación valenciana de amistad con Cuba José Martí.- Tras visitar el municipio de San Antonio de los Baños y Pinar del Río, la brigada solidaria de la asociación valenciana de amistad con Cuba José M...
Cubainformacion.- Miroslava Pozo Pinares, miembro del secretariado nacional del SNTECD recibió a David Rodríguez del Stepv IV en La Habana para intercambiar sobre propuestas de solidaridad con la isla y de cooperación sindical en...
Lo último
San Mijaín de los gladiadores
Norland Rosendo - Juventud Rebelde.- El Mijaín de Cuba, López para los franceses, se colgó su quinto oro olímpico como si fuese lo más humano del mundo. Se quitó las invictas zapatillas y las dejó...
Ver / Leer más
Noticias culturales de Cuba
Canal Caribe Alterno - La Sala Villena de la sede nacional de la Unión de Escritores y Artistas de Cuba (UNEAC) acogió el homenaje a la poeta y ensayista Nancy Morejón, quien este 7 de agosto celebrará su cumplea&ntil...
Ver / Leer más
La Columna
Venezuela: intervención de la buena
Por Lazaro Fariñas*/Foto Virgilio Ponce -Martianos.- digital@juventudrebelde.cu.- COMENTARIO DESDE MIAMI INTERVECIONISMO DEL BUENO ¿Quiénes se creen que son todos esos mandatarios de diferentes países que es...
La Revista