Bajo el lema "Biden, escoita ao Mundo: Unblock Cuba!", convocada por la Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil, se realizó este 23 de junio miércoles una concentración contra el bloqueo de EEUU a Cuba, en la Farola de Vigo. Video: Galiza Contrainfo.


"Biden, escoita ao Mundo: Unblock Cuba!"

O 23 de xuño levouse a cabo en Vigo unha concentración coincidindo coa data da asemblea xeral das NNUU na que, como xa se fixo durante 29 anos, foi debatida unha resolución presentada por Cuba contra o bloqueo a que a ten sometida o imperialismo ianqui. Como todos os anos, a resolución foi aprobada por 184 votos a favor, 2 en contra (EEUU e Israel) e 3 abstencións (Colombia, Ucrania e Emiratos Árabes).

Léronse dous comunicados, un explicando o motivo da concentración e outro consensuado polo Movemento Estatal de Solidariedade con Cuba (MESC).

O bloqueo financeiro, económico e comercial foi decretado no ano 60, segundo un memorando do Departamento de Estado norteamericano, coa pretensión de “promover a desilusión e o desánimo pola insatisfacción económica e pola pobreza” … así como ...”causar fame, desespero e o derrocamento do goberno”. Ao principio non contemplaba alimentos e medicamentos mais endureceuse, chegando a ser case total, a raíz da declaración do carácter socialista da Revolución Cubana.

O bloqueo afecta a todos os sectores da economía cubana. Ten incidencia na vida cotiá da poboación e nomeadamente na vida das mulheres, polo rol que aínda ocupan na sociedade mais tamén porque a súa participación en sectores como educación, saúde e investigación, é maioritaria.

Neste momento estanse a realizar concentracións en todo o Estado español, en toda Europa e xa se celebraron ou han celebrarse no resto do mundo coincidindo coa votación hoxe en NNUU.

Neste ano e medio de pandemia o bloqueo foi recrudecido e, no entando, Cuba demostrou mais unha vez a súa solidariedade enviando as brigadas médicas Henry Reeve para as que se está a pedir o premio Nobel da Paz, a 26 países. Tamém mostrou a súa capacidade de investigación.

Como dixo estes días Silvio Rodríguez: “Penso que se baixo o bloqueo máis cruel temos conseguido as nosas propias vacinas, de que seriamos capaces se vivisemos en paz, coas mesmas oportunidades que o resto dos países? Unha Cuba sen bloqueo sería a oportunidade de sermos e mostrármonos plenamente como somos.”

Precisamente pola dificuldade para importar materias primas e outros materiais sanitarios, houbo uma campanha a nivel mundial para enviar xiringas e a resposta foi masiva. No Estado espanhol puxémonos como obxectivo poder mercar un millón e conseguimos 3.350.000 que representa a vacinación completa de 1.100.000 cubanas e cubanos. Nesta campaña recibíronse achegas de máis de 3000 persoas e 120 entidades entre grupos de solidariedade, sindicatos, partidos, cooperativas e organizacións sociais. Tamén de 560 Concellos e outras institucións.

Ao respecto, na Galiza, alén das achegas persoais, aprobáronse mocións contra o bloqueo e hai apoios á campaña das xiringas en:

Concello do Rosal

Concello de Oleiros

Fondo Galego de Cooperación

Parlamento Galego a iniciativa do BNG e aprobado por unanimidade

No Concello de Compostela aprobouse cos votos de BNG, CA e PSdeG o apoio á campaña de xiringas e a esixencia do “levantamento do bloqueo político, económico, comercial e financeiro, e maniféstase a favor dunhas relacións baseadas no respecto á legalidade internacional, á paz, á soberanía nacional, á liberdade e a cooperacióm entre ambos os estados”. Comprometéndose a entregar esta resolución á Asociación de Municipios Galegos na comarca de Compostela, á Deputacióm da Coruña, á Xunta e aos consulados dos EEUU e Cuba na Galiza así como ás respectivas embaixadas en Madrid.

No Parlamento Español a iniciativa do BNG é apoiada por UP, Bildu, CUP, Junts per Cat e Compromís rexistrouse unha proposicióm non de lei instando ao Goberno Español para que esixa ao goberno dos EEUU que levante o bloqueo económico, financeiro e comercial a Cuba.

Presentouse moción no Parlamento Europeo a iniciativa de Ana Miranda, deputada do BNG.

Apoios á concentración:

Agora Galiza-Unidade Popular, Anova –Irmandade Nacionalista, Asemblea Republicana de Vigo, Asociación Galego Bolivariana Hugo Chávez , Asociación Viguesa Pola Memoria Histórica do 36, Bloque Nacionalista Galego, Causa Galiza, Central Unitaria de Traballadoras  CUT, Confederación Intersindical Galega CIG, Esquerda Unida, Mar de Lumes, Partido Comunista de Galicia PCG, Partido Comunista dos Traballadores da Galiza PCTG, Partido Comunista do Povo Galego  PCPG, Sindicato Ferroviario-Confederacion Intersindical e Xuventude Comunista.

A continuación Erea del Rio, Presidenta da Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”, vai ler o comunicado do MESC que se está a ler en todas as concentracións do Estado.

DECLARACIÓN DA ASOCIACIÓN DE AMIZADE GALEGO-CUBANA FRANCISCO VILLAMIL CONTRA O BLOQUEO A CUBA

Hoxe, 23 de xuño de 2021, Cuba está a presentar nas Nacións Unidas a Resolución titulada “Necesidade de poñer fin ao bloqueo económico, comercial e financeiro imposto polos Estados Unidos de América contra Cuba”. Trátase dun rigoroso informe que denuncia as consecuencias da política agresiva dos EEUU ao pobo cubano e que esixe a súa eliminación. Desde o 1992, Cuba recibe o abrumador apoio da comunidade
internacional. En 2019 só EEUU, Israel e Brasil votaron en contra, coas abstencións de Colombia e Ucrania.

Pola súa banda, son numerosas as organizacións sociais, sindicais, políticas, culturais, humanitarias, relixiosas e solidarias de todo o mundo, mesmo dos propios EEUU, que manifestan o seu apoio a Cuba e condenan esta política xenocida do goberno norteamericano. Igualmente, algunhas institucións públicas galegas xa manifestaron a súa oposición e a solicitude da eliminación do bloqueo a Cuba.

O bloqueo constitúe unha violación masiva, flagrante e sistemática dos dereitos
humanos de todas as cubanas e cubanos. Polo seu declarado propósito e a andamiaxe
política, legal e administrativa na que se sustenta, estas sancións son cualificadas como acto de xenocidio, segundo a Convención para a Prevención e Sanción deste Delito de 1948, e como un acto de guerra económica, segundo o estabelecido na Conferencia Naval de Londres de 1909.

Esta política criminal por parte dos EEUU cara ao pobo cubano, que se aplica hai xa seis
décadas, ten provocado múltiples danos e prexuízos, cuantificados por un valor de máis de 933.678 millóns de dólares, segundo expresaron as autoridades cubanas.

O anterior presidente dos EEUU, Donald Trump, activou os Títulos III e IV da Lei Helms Burton, e un total de 242 medidas de endurecemento do bloqueo durante a pandemia da COVID19. Trátase de medidas e ameazas que afectan non só ás empresas e cidadáns norteamericanos, senón tamén dos terceiros países, estendendo o efecto do bloqueo de xeito extraterritorial.

Un bloqueo naval a barcos petroleiros, as sancións millonarias a entidades financeiras e empresas que traballen coa Illa, a prohibición de comerciar con maquinarias e equipos que conteñan máis do 10% de compoñentes estadounidenses, o efecto intimidatorio cara a empresas con interese de investir na Illa, os sobrecustes para Cuba polo feito de comprar en mercados máis afastados, a imposibilidade de adquirir equipamentos ou produtos que son exclusivamente producidos polos EEUU en esferas tan sensíbeis como a saúde ou a investigación científica, a imposibilidade de vender os produtos cubanos de biotecnoloxía ou vacinas ao pobo norteamericano, a prohibición das viaxes dos turistas dos EEUU á Illa e a redución de voos e remesas económicas ás familias cubanas son só alguns exemplos do bloqueo, aínda que os medios de comunicación traten de ocultar, minimizar os seus efectos sobre a poboación ou incluso xustificar a súa imposición.

E o actual presidente dos EEUU, Biden, non fixo para acabar con esta política criminal cara todo un pobo, a pesar de terse comprometido durante a súa campaña electoral.

Pola súa banda, o presidente cubano Miguel Diáz-Canel expresou que o bloqueo é o
“sistema de sancións económicas máis abarcador e prolongado que se teña aplicado
xamais contra ningún país”, e que se trata do “principal obstáculo para o desenvolvemento do país”.

Trátase por tanto do principal obstáculo no diferendo histórico entre Cuba e EEUU, e xamais será posíbel unha normalización entre os dous países se continúa esta agresión que pretende influír nos asuntos internos da Illa.

A Asociación de Amizade Galego-Cubana "Francisco Villamil", e todas asociacións que estamos presentes e que apoian este manifesto, amosamos a nosa solidariedade con Cuba e animamos ao conxunto da sociedade galega a sumarse a esta xusta causa.

Defendemos a soberanía de Cuba para decidir o seu futuro sen inxerencias nin presións de tipo ningún.

Por todo isto, sumámonos á campaña internacional que esixe ao goberno dos EEUU presidido por Biden o levantamento do bloqueo a Cuba! E seguiremos loitando até conseguir a súa eliminación!

A solidariedade non se pode bloquear! ABAIXO O BLOQUEO! VIVA CUBA!

Vigo 23 de xuño de 2021

Solidaridad
Canal Caribe Alterno.- La Empresa Farmacéutica “8 de Marzo”, en esta capital, fue escenario del acto de entrega de la ayuda brindada por el Gobierno de la República de la #India, consistente en diez millones de euros. L...
trabajadores.cu.- El canciller de Cuba, Bruno Rodríguez, agradeció este lunes los pronunciamientos de 23 organismos internacionales y regionales contra la inclusión de la isla en la unilateral lista de Estados patrocinadores...
Asociación valenciana de amistad con Cuba José Martí.- Tras visitar el municipio de San Antonio de los Baños y Pinar del Río, la brigada solidaria de la asociación valenciana de amistad con Cuba José M...
Lo último
Contribución de UNFPA con Cuba
Canal Caribe Alterno.- Quienes acompañan a UNFPA también experimentan de un crecimiento no solo profesional, sino también personal. Y bien lo saben Dixie Edith Trinquete Díaz, doctora en ciencias demográficas, ...
Ver / Leer más
Hipernormalización
Rosa Miriam Elizalde - Juventud Rebelde.- HyperNormalisation (2016), documental de culto del cineasta británico Adam Curtis, sostiene que los gobiernos, los financieros y los utópicos tecnológicos han renunciado al inte...
Ver / Leer más
La Columna
Hablemos sobre Venezuela
.Normalmente, antes, durante y post, al realizarse un evento electoral en Venezuela, recrudece la jauría mediática nacional e internacional, con mentiras, tergiversaciones, maldad, manipulación, entre otras sobre Venezuela, que e...
La Revista