Cubainformación - Video GalizaContrainfo.- En Vigo, en el busto de José Martí en los Xardins de Montero Ríos, bajo el lema "Non á intervención imperialista contra Cuba", se realizó un acto conmemorativo de los 68 años del Asalto al Cuartel Moncada, organizado por la Asociación de Amizade Galego-Cubana "Francisco Villamil" y apoyado por diversos colectivos, partidos y sindicatos. En él, se denunció el actual ataque desde el imperialismo estadounidense contra Cuba, desde la asfixia económica que implica el bloqueo y las sanciones en plena pandemia, y se volvió a reivindicar el fin de esta política genocida, condenada por la Comunidad Internacional.
Intervención da Presidenta da Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil:
Desde a Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil queremos lembrar como comezou todo este proceso de acoso e recrudecemento do xenocida bloqueo a Cuba:
-En febeiro do 2020, lanzouse desde as redes unha campaña chamada “Crise en Cuba: represión, fame e coronavirus”, intre no que na Illa non había nin un só caso da Covid-19, cando non faltaban nin alimentos nin medicamentos, maila os golpes diarios contra as finanzas, as sancións aos bancos, o cerco aos barcos con petróleo, o corte súpeto das remesas, a cancelación dos voos regulares e moito máis.
-Máis adiante, o 2 de marzo do 2021, a nosa Asociación xa denuncia nun artigo do seu voceiro, a publicación dixital Terra Sen Amos, como catro cantantes nados en Cuba presentaron desde Miami, e con unha grandísima promoción mediática, un alegato mediocre contra a Revolución cubana.
Estes rapeiros no foron denunciados polas autoridades cubanas, o que contrasta coa situación de, entre outros, Pablo Hásel, quen vivindo na idílica Unión Europea está no cárcere por facer uso de dous dereitos centrais: o de expresión e o de manifestación.
Esta facilona canción hai que relacionala tamén co oportunista Movemento San Isidro, que se enfrontou ao Ministerio de Cultura Cubano, como parte da guerra capitalista contra Cuba, pretendendo desestabilizar o país. Tentábase, máis unha vez, de crear un estado de opinión internacional que xustificase unha intervención militar contra Cuba e buscábase presentar aos EEUU como modelo mundial de democracia. Citando a Fidel: A importacia da Batalla das Ideas. Chávez daba a este tipo de agresión externa o nome de “mecha lenta de explosivo”, que arde por contaxio masivo da opinión e ten incidencia tanto no económico como no político.
-Desde o pasado domingo 11 de xullo, cadrando co maior gromo de contaxios da Covid-19 na provincia de Matanzas, deron comezo unhas protestas de enorme gravidade por parte dun grupo de cidadáns e cidadás cubanas no municipio habaneiro de San Antonio de los Baños, manifestacións que foron publicitadas como “en contra da ditadura e a favor da liberdade”. Os medios dominantes falan de centenares de detidos e mesmo de “desaparecidos”. Utilizáronse imaxes doutros países e tamén de manifestacións de apoio á Revolución, como parte dunha operación de manipulación xeo-política temendamente hostil.
Estamos diante dunha estratexia intervencionista para derrubar o goberno cubano, con tácticas diarias, promovidas especialmente desde o exterior de Cuba, para inducir inestabilidade e caos. Buscan provocar intervencións das forzas da orde pública para poder presentalas como represión dos dereitos básicos e que poidan servir como pretextos mediáticos para unha revolta, presuntamente en defensa das liberdades cando na realidade son unha colaboración cuns agresores externos á inmensa maioría da poboación cubana.
Actualmente estamos a vivir unha guerra de desinformación, unha guerra integral non convencional, psicolóxica, unha guerra de propaganda, guerra comercial e guerra mediática, que esixe unha finxida “intervención humanitaria” cando en realidade é unha acción militar lanzada desde os EEUU. Esquecen que a maioría da poboación cubana non participa nos últimos incidentes e que, mal que lles pese, non aceptan unha campaña que iría acompañada de bombas e mortes.
Esixímoslle a Biden que defenda os Dereitos Humanos: que elimine o bloqueo, que derogue a Lei Hells-Burton, que quite a Cuba da lista dos países promotores do terrorismo, que peche a ilegal base de torturas de Guantánamo e que permita a importación de medicinas e de insumos para desenvolver a economía cubana.
En Cuba, o recrudecemento do bloqueo e o incremento da abrumadora serie de medidas que desde Washintong boicotean as últimas reformas cubanas aprobadas por inmensa maioría, motivou que os liñeamentos económicos aprobados se ralentizasen en entrar en vigor, alén disto, a reforma monetaria cadrou co incremento dos efectos da pandemia, cuxas vacinas e candidatos vacinais tamén se ven ralentizados a causa de non dispór os insumos máis básicos. Afortunadamente, a solidariedade internacional, no Estado Español a ONG SoDePaz, está a xudar coa entrega de millóns de xiringas para posibilitar a inmunización da poboación da Illa. O acoso mediático dos mal chamados medios de información non menciona que os efectos do bloqueo produciron só o ano pasado unhas perdas de máis de 9 mil millóns de dólares para Cuba e que a máis perxudicada é toda a poboación cubana.
Viva a Revolución Cubana!
Viva o 26 de Xulho!
Patria Ou Morte!... Venceremos