Alternativa dos Veciños.- O pleno da Deputación da Coruña aprobou a moción presentada por Alternativa dos Veciños para apoiar as resolucións e acordos da ONU en contra do bloqueo contra Cuba solicitando o seu levantamento inmediato para que se deixe de afogar ao pobo cubano, a grande vítima desta criminal e malévola política promovida polos Estados Unidos. Tamén foi aprobado demandar ao Goberno de España que inicie políticas de cooperación internacional reais e efectivas con Cuba para contribuír a mellorar a situación deste país irmán, co que o pobo español está estreitamente vencellado.


Desde o ano 1962 Estados Unidos ten decretado un bloqueo que impide a existencia de todo tipo de relacións económicas e comerciais da inmensa maioría dos estados do mundo con Cuba. O terrorífico bloqueo provocou un enorme sufrimento no pobo cubano. Principalmente na década dos 90, vivíronse episodios de grandes dificultades e carencias, con falta de produtos básicos e necesidades extremas que non podían ser cubertas malia o importante sistema de servizos públicos existente na illa. Na actualidade, está a darse unha situación similar á dos 90 xa que a maiores do bloqueo -timidamente suavizado polo Goberno de Barack Obama pero recrudecido baixo o mandato de Donald Trump-, o covid está a provocar graves problemas debidos á paralización do turismo, que supuxo a eliminación dun dos principais recursos para a economía cubana.

Desde 1992, a ONU acordou acabar co bloqueo en 28 ocasións nas asembleas nas que participan todos os países membros. Na última votación sobre este asunto, celebrada o pasado 23 de xuño, 184 estados votaron a favor de eliminar o bloqueo contra Cuba; Colombia, Brasil e Ucraína abstivéronse; e tan só Estados Unidos e Israel votaron en contra. Este acordo, adoptado por apabullante maioría, non está a ser respectado nin tan se quera polos países que votaron a favor. Impídeo a política internacional de Estados Unidos, que ameaza e sanciona a todo aquel que rompa o bloqueo.

Solidaridad
Canal Caribe Alterno.- La Empresa Farmacéutica “8 de Marzo”, en esta capital, fue escenario del acto de entrega de la ayuda brindada por el Gobierno de la República de la #India, consistente en diez millones de euros. L...
trabajadores.cu.- El canciller de Cuba, Bruno Rodríguez, agradeció este lunes los pronunciamientos de 23 organismos internacionales y regionales contra la inclusión de la isla en la unilateral lista de Estados patrocinadores...
Asociación valenciana de amistad con Cuba José Martí.- Tras visitar el municipio de San Antonio de los Baños y Pinar del Río, la brigada solidaria de la asociación valenciana de amistad con Cuba José M...
Lo último
Contribución de UNFPA con Cuba
Canal Caribe Alterno.- Quienes acompañan a UNFPA también experimentan de un crecimiento no solo profesional, sino también personal. Y bien lo saben Dixie Edith Trinquete Díaz, doctora en ciencias demográficas, ...
Ver / Leer más
Hipernormalización
Rosa Miriam Elizalde - Juventud Rebelde.- HyperNormalisation (2016), documental de culto del cineasta británico Adam Curtis, sostiene que los gobiernos, los financieros y los utópicos tecnológicos han renunciado al inte...
Ver / Leer más
La Columna
Hablemos sobre Venezuela
.Normalmente, antes, durante y post, al realizarse un evento electoral en Venezuela, recrudece la jauría mediática nacional e internacional, con mentiras, tergiversaciones, maldad, manipulación, entre otras sobre Venezuela, que e...
La Revista