Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil.- O 29 de xaneiro conmemoraremos en Compostela o nacemento de José Martí (La Habana, 28-1-1853). Ao acto, organizado pola Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil, asistirá a consul de Cuba Yahima Martínez.
Cunha gran vocación latinoamericana e internacionalista, poeta, escritor e articulista, puxo todos os seus coñecementos e pensamentos ao servizo do humanismo e da independencia de Cuba, por iso era considerado "o apóstolo" da mesma.
O seu compromiso levouno ao desterro no estado español, no que viviu en distintas cidades.
Posteriormente viaxou por varios países de América Latina. Cando regresou a Cuba, escribiu e asinou o “Manifesto de Montecristi” sobre a necesidade da guerra anticolonial.
Non dubidando en participar, mesmo na primeira liña, cae en combate o 19-5-1895.
Comunicado do MESC e da FACRE polo aniversario 169 do nacemento de José Martí, libertador de Cuba
O 28 de xaneiro cúmprense 169 anos do natalicio do libertador de Cuba, José Martí. Desde o MESC (Movemento Estatal de Solidariedade con Cuba) e a FACRE (Federación de Asociacións de Cuban@s Residentes en España) rendemos homebaxe a esta figura cimeira da historia de Cuba a través de actividades que manteñen vixente o seu legado e dan a coñecer a súa inmensa obra teórica, composta por numerosos escritos filosóficos, pedagóxicos, políticos, xornalísticos e literarios, que constitúen unha achega fundamental á Cultura Universal e posúen unha implicación práctica que transcenden as loitas pola independencia e a xustiza social do pobo cubano, para ser útiles a outras causas xustas noutras latitudes. Non en van a Martí coñéceselle coma o máis universal de todos os cubanos e cubanas.
Pola súa banda, o legado e a presenza de José Martí na Cuba actual é unha das fortalezas do pobo e da cultura cubanas. O Heroe Nacional e Apóstolo da Independencia de Cuba soubo aunar e orientar as arelas de liberdade de todo un pobo nas loitas contra España, e máis adiante inspirou á Xeración do Centenario, encabezada por Fidel Castro Ruz, que o 26 de xullo de 1953 organizou os asaltos aos cuarteis Moncada e Carlos Manuel de Céspedes para derrubar a ditadura de Fulgencio Batista, e que malia o fracaso da acción, desencadeou todo un movemento pola independencia e a liberdade plenas da Illa, frustradas polo intervencionismo estadounidense tras liberarse do xugo español, e que triunfou o 1 de xaneiro de 1959.
Neste senso, a actual Revolución Cubana é filla das ideas martianas en grande medida, xunto a outras achegas filosóficas. Os valores de Martí están presentes na formación de todas as xeracións de cubanos e cubanas e son un exemplo para o mundo, como amosan o humanismo e a solidariedade dos seus profesionais sanitarios baixo a consigna de "Patria é Humanidade" coa máxima de que "O mellor xeito de decer é facer" entre outros moitos.
O MESC, composto por 27 asociacións do Estado español, xunto coa FACRE, reafirman o seu compromiso coas ideas martianas e valoran a importancia da súa vixencia na construción da nacionalidade e a defensa da soberanía cubana, co ben e para o ben de todos e todas.
Por isto, sumámonos á xornada mundial de homenaxes a José Martí que concluirá coa celebración na Habana da "V Conferencia Internacional polo Equilibrio do Mundo", do 24 ao 28 de xaneiro de 2023, dedicados ao 170 aniversario do seu nacemento.
28 de xaneiro de 2022.
Mensaje del ICAP