Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil nos remite esta nota en la que convoca, para el 29 de octubre, una concentración de denuncia del bloqueo de EEUU a Cuba.
Concentración contra o Bloqueo a Cuba na Coruña: 29 de outubro
Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil.- Os vindeiros 2 e 3 de novembro Cuba someterá a votación na Asemblea Xeral da ONU, por 30ª vez, a resolución “Necesidade de poñer fin ao Bloqueo Económico, Comercial e Financeiro imposto polos Estados Unidos de América contra Cuba”.
Desde a Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil, chamámosvos a apoiar e participar na concentración contra o bloqueo a Cuba e para exixir que o goberno español apoie na ONU a resolución que presentará Cuba.
Este ano realizaremos na Coruña esta mobilización,:o sábado 29 de outubro ás 12:00 h, diante da Subdelegación do Goberno, na avenida da Mariña, 23.
Cuba ten dereito a viver sen bloqueo! O mundo sería mellor sen bloqueo a Cuba!