Claudia Bernal é unha enxeñeira que desenvolve a súa actividade profesional no Centro de Enxeñaría Xenética e Biotecnoloxía de Cuba. Estes días atópase na Galiza explicando as actividades do centro.


Xacobe Ferreiro - Nós Diario.- Claudia Bernal Estrada (A Habana, 1995) é graduada en Enxeñaría Industrial pola Universidade Tecnolóxica da Habana e traballa como especialista de comercio exterior na Dirección de Importacións Centro de Enxeñaría Xenética e Biotecnoloxía (CIGB), unha empresa distintiva da biotecnoloxía cubana que investiga, desenvolve, produce e comercializa aplicacións biotecnolóxicas e produtos biofarmacéuticos preventivos, terapéuticos e de diagnóstico, para os sectores biomédico, agropecuario e industrial.

O CIGB

1.600 persoas desenvolven as actividades do CIGB nas catro sedes do entro, en 10 áreas terapéuticas, estudando máis de 50 enfermidades e comercializan os seus produtos en máis de 35 países. O CIGB focaliza os seus estudos en catro áreas de investigación da biomedicina, biotecnoloxía animal, biotecnoloxía das plantas e enzimas industriais.

Bernal sinala a Nós Diario que “o CIGB é froito do pensamento do comandante en xefe, Fidel Castro, que desde épocas moi temperás detectou a importancia de desenvolver este sector en Cuba”. “Malia as restricións e limitacións Cuba pode desenvolver no mundo como fixo en plena pandemia vacinas propias contra a Covid, porque para Cuba por diante de todo está a saúde da súa poboación”, sinala Bernal.

O bloqueo

A enxeñeira considera que “a situación actual de Cuba está marcada e é consecuencia da imposición unilateral dun bloqueo económico e comercial desde hai máis de 60 anos por Estados Unidos”. Bernal recoñece que “é unha situación complexa produto do desabastecemento de bens que afecta a todas as esferas da nosa economía, sendo un dos principais problemas o acceso as divisas e a imposibilidade de acceder ao sistema financeiro internacional ou a inclusión na lista de supostos países promotores do terrorismo”.

“Resulta complicado abastecer os nosos mercados porque un número considerábel de parceiros comerciais non continúan o vínculo con Cuba debido ás medidas restritivas do Goberno estadounidense desde a época de Donald Trump”, destaca Bernal.

O impacto do bloqueo déixase notar nas condicións de vida da poboación cubana. A este respecto, afirma que “o bloqueo afecta aos servizos básicos da saúde e a outras esferas da sociedade”. Na mesma dirección, apunta que “as políticas de Estados Unidos priva as novas xeracións de moitas oportunidades”.

As políticas de Biden

O Goberno de Donald Trump endureceu o bloqueo porén “a administración Biden caracterízase polo inmobilismo”. Neste punto, Bernal asevera que “non tomou medidas significativas para mudar a política de Trump”.

“Biden non tentou promover unha política de achegamento a Cuba, retornando as medidas do Goberno de Obama até o punto que nos momentos máis duros da pandemia continuaron as medidas contra Cuba, chegando a prohibir a exportación de osíxeno”, declara Bernal.

"Cuba, ciencia y salud pública frente al bloqueo de EEUU": gira de Claudia Bernal Estrada por el Estado español, octubre 2023 (Convocatorias y materiales)

Solidaridad
Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil” / Cubainformación...
Ciudad de México, 17 jul (Prensa Latina) El presidente de México, Andrés Manuel López Obrador, afirmó hoy que el senador estadounidense Bob Menéndez, declarado culpable de 16 cargos por corrupción, obt...
Cubainformación.- La Asociación Suiza-Cuba, en su sección de Basilea, informa a este medio que "perseveramos, cada 17 de mes realizamos una acción contra el despiadado bloqueo estadounidense a Cuba. Como hicimos el 5 ...
Lo último
La Columna
Fidel, único
Gerardo Moyá Noguera*.- El 6 de marzo de 1964 en la clausura del primer encuentro nacional de emulación en el teatro de la CTC (Confederación de Trabajadores Cubanos), hoy llamado Teatro Lázaro Peña el invicto coman...
La Revista