Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil - Fotos Luisa Cuevas Raposo.- Con motivo da votación na ONU da resolución condenando o bloqueo a Cuba, celebrouse unha concentración en Vigo o sábado 28 de outubro.


En dispositivo movil mantener pulsado el enlace anterior hasta que aparezca el menú con la opción de descargar.

Ver este mismo video en YouTube

A continuación, un mensaje desde La Habana de Erea del Rio Iglesias, presidenta de la Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil, y de Ana Miranda Paz, diputada gallega en el Parlamento Europeo, apoyando esta acción solidaria:

Leeuse o seguinte manifesto:

MANIFESTO DE APOIO Á RESOLUCIÓN 77/7, “Necesidade de poñer fin ao Bloqueo Económico, Comercial e Financeiro imposto polos Estados Unidos de América contra Cuba”, QUE CUBA SOMETERÁ A VOTACIÓN NA ASEMBLEA XERAL DAS NACIÓNS UNIDAS OS VINDEIROS 1 E 2 DE NOVEMBRO

O bloqueo contra Cuba é un acto de xenocidio.

O bloqueo económico, comercial e financeiro é o elemento central que define a política dos Estados Unidos para Cuba desde hai  más de 62 anos.

Os efectos desta guerra non declarada contra a economía, a sociedade, a vida cotiá e os soños de progreso de máis de 11 millóns de cubanas e cubanos non cesaron nin por un día. Máis do 80 % da poboación da illa só coñeceu unha Cuba baixo bloqueo.

Durante todo o mandato de Biden, a caza e acoso de parte do goberno de Washington contra os intercambios financeiros de Cuba, afectou todos os sectores da economía, agravando os danos causados por catástrofes naturais amosando a súa carencia de calquera consideración humanitaria.

O resultado deste conxunto de censuras e ameazas contra os tratos do goberno cubano co resto do mundo, deixaron un ronsel de perdas de contratos, relacións comerciais estragadas e débedas e demoras en envíos e entregas de mercadorías, entre outros danos para a economía e a vida diaria do país.

Desde o 1º de marzo do 2022 ao 28 de febreiro de 2023, os danos causados polo bloqueo de EE.UU á economía cubana eleváronse a máis de medio millón de dólares por cada hora que pasa. De non ser o bloqueo, o PIB de Cuba podería ter medrado ata un 9% no 2022.

Esta información de danos causados pola política de cerco total decretada polo goberno dos EUA, será sometida, os vindeiros 1 e 2 de novembro, á sanción da Asemblea Xeral da ONU que dende hai 31 anos apoia o pleno dereito de Cuba a se gobernar de seu, sen multas nin interferencias ilegais.

A Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil reclama solidariedade para o goberno e o pobo de Cuba poderse librar desta peste do bloqueo, exixindo que o Goberno do Estado español apoie na ONU esta Resolución presentada por Cuba.

Manifestamos asemade o noso apoio ao Tribunal Internacional contra o Bloqueo que se realizará en Bruxelas os días 16 e 17 de novembro.

O bloqueo é unha violación do dereito internacional e un nefando recurso de forza contra un pobo soberano que ten probado a súa vontade inequívoca de autodeterminación.

O goberno máis armado do mundo rodea unha illa do Caribe, sen grandes recursos. Mais, grande é a razón de Cuba!

Viva Cuba Socialista!

En Vigo, Galiza, o 28 de outubro de 2023

Asinan:

Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil” e as organizacións seguintes:
Agora Galiza – Unidade Popular
Agrupación Xosé Velo
Asemblea Republicana de Vigo
Asociación Galego-Bolivariana Hugo Chávez
Bloque Nacionalista Galego
Central Unitaria de Traballadoras
Confederación Intersindical Galega
Esquerda Unida
Mar de lumes – Comité Galego de Solidariedade Internacionalista
Partido Comunista de Galicia
Partido Comunista do Povo Galego
Partido Comunista dos Traballadores de Galiza
Partido Comunista pola República Galega
Plataforma Galega pola Terceira República

Solidaridad
Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil” / Cubainformación...
Ciudad de México, 17 jul (Prensa Latina) El presidente de México, Andrés Manuel López Obrador, afirmó hoy que el senador estadounidense Bob Menéndez, declarado culpable de 16 cargos por corrupción, obt...
Cubainformación.- La Asociación Suiza-Cuba, en su sección de Basilea, informa a este medio que "perseveramos, cada 17 de mes realizamos una acción contra el despiadado bloqueo estadounidense a Cuba. Como hicimos el 5 ...
Lo último
La Columna
La Revista