Ana Miranda conversa coa equipa da Oficina do Historiariador da Habana dentro do programa da axenda de esquerda do Parlamento Europeo en relación co ilegal bloqueo

E. del Río - Terra sen Amos.- Unha comisión do Parlamento Europeo (PE) coñeceu en Cuba información directa do pobo e das institucións sobre os efectos do Bloqueo e a profusión de iniciativas postas en prática pola Revolución para resistiren o cerco propagandístico, comercial e financeiro.


Tribunal Internacional contra el Bloqueo a Cuba: Bruselas, 16 y 17 de noviembre de 2023 (Todas las informaciones y materiales)

A viaxe formaba parte da axenda internacionalista do Grupo de Esquerda.  Deputadas e deputados foron recibidos pola Mesa do Parlamento Cuba e a Dirección de Relacións Internacionais. Galiza contou coa honrosa representación de Ana Miranda, histórica militante do BNG e reivindicativa europarlamentaria galega, amiga incondicional da Maior das Antillas e da Revolución Cubana.

O programa incluíu encontros co Departamento de Relacións Internacionais do Comité Central do Partido Comunista de Cuba, coa Dirección Nacional dos CDR, con representantes da Sociedade Civil Cubana e con membros da Unión Nacional de Escritores e Artistas de Cuba. Visitaron asemade o Cenesex (Centro Nacional de Educación Sexual de Cuba) o Capitolio, o Instituto Finlay de Vacinas, a Asociación Cubana de Nacións Unidas, o Proxecto Quisicuaba e diferentes barrios da cidade da Habana, para establerceren contacto de primeira man coa poboación.

Da mesa da Asemblea Nacional Cubana e das Comisións Permanentes de Atención aos Servizos, de Educación, Cultura, Ciencia,Tecnoloxía e Medio Ambiente así como de Atención aos Órganos Locais  tiveron información sobre a diaria dialéctica entre medios e obxectivos do proceso constitucional en marcha..

Deste cumprido intercambio, Ana Miranda tirou conclusións positivas sobre as iniciativas de defensa de Cuba contra o ilegal bloqueo imperialista que afecta gravemente a poboación; as consecuencias da inclusión de Cuba na arbitraria lista de países patrocinadores do terrorismo que a Casa Branca inventa con desprezo da Lei Internacional  formaron parte da conversa. A lista no ten máis intención que impedir as relacións internacionais dos paises que loitan por estableceren e seguiren normas de seu.

Solidaridad
Asociación Valenciana de Amistad con Cuba José Martí - Cubainformación.- 2024 ha sido un año intenso y extenso de solidaridad con Cuba y de lucha contra el criminal bloqueo de EEUU en todo el mundo. Han sido confere...
En la Carta al Presidente de Estados Unidos, suscrita por la Asociación Cubana de las Naciones Unidas –a nombre de 130 organizaciones, movimientos, redes, agrupaciones y actores de la sociedad civil cubana–, se le solicita la exclu...
Lo último
La Columna
La Revista