Cubainformación / Texto e fotos da Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil.- Editado con motivo do 40 aniversario da asociación, o libro sobre a vida do Xeneral de División do exército mambí e heroe da Guerra de Independencia de Cuba que dá nome a Asociación de Amizade Galego-Cubana, esgotou a súa primeira edición.


Esta obra da autoría do xornalista e historiador cubano Eddy E. Jiménez, foi presentado en Vigo, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela e Pontevedra. As palestras foron organizadas pola asociación en colaboración con organizacións amigas como son Erguer e Mádia Leva ou por librarías solidarias como Cartabón e Paz.

Fican pendentes as presentacións de Cangas e Ferrol, para as que xa hai data o 15 e 20 de marzo respectivamente, así como A Coruña, Nigran, Moaña, Redondela, Ponteareas e Baixo Miño. Para estas presentacións, está xa no prelo unha segunda edición.

Así mesmo, imprimiuse unha edición non venal en español que se enviou a Cuba, que o autor Eddy E. Jiménez, entregará en bibliotecas e universidades e que a presidenta da Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil, acompañada do autor, entregou no ICAP e no Instituto de Literatura e Lingüística no que se encontra o fondo galego mais completo de toda América Latina.

Fotos das presentacións xa realizadas:

Presentación en Vigo na Libraría Cartabón a cargo de Moncho Leal e Gustavo Luca

Presentación en Lugo no local da Asociación Madia Leva a cargo de Moncho Leal

Lugo

Presentación en Pontevedra na Libraría Paz a cargo de Mocho Leal e Marina Quintillán

Pontevedra

Presentación en Compostela xunto coa organización estudantil Erguer, a cargo de Moncho Leal e Valentín Alvite

Compostela

Compostela

Entrega do libro en español no Instituto de Literatura e Lingüistica. De esquerda a dereita, Eddy Jimenez, Yanett Céspedes Rodríguez, subdirectora do Instituto de Literatura e Lingüística, Erea del Río, presidenta da Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil, Lorena Hernández Valdés, directora que sustituiu a Nuria Grégori quen sempre colaborou coa cátedra galega na que traballou a nosa presidenta.

Entrega no ICAP. De esquerda a dereita, Ibis Alvisa, Rigoberto Zarza, Eddy Jimenez, Erea del Río e Alfredo Catalá.

Solidaridad
Cubainformación.- Como cada año, la txosna (caseta) de la asociación Euskadi-Cuba en las Fiestas del Carmen de la localidad vasca de Santurtzi, convoca a cientos de personas, que ya se han acercado a degustar, principalmente, el ...
Cubainformación.- Lleno absoluto. Más de quinientas personas coparon la Carpa de Encuentros de la Semana Negra de Gijón, para escuchar la conferencia “Periodismo en tiempos de culto a la mentira. La era del conspiracionismo...
Lo último
La Columna
La Revista