Confederación Intersindical Galega - Cubainformación.- Este pasado domingo, día 17 de marzo, un importante número de persoas saíron ás rúas, nun sector da cidade de Santiago de Cuba, con pequenas réplicas noutras provincias do país, como protesta pola falla de electricidade e a escaseza de alimentos.


Como consecuencia destes acontecementos, o presidente de Cuba, Miguel Díaz-Canel, comentou na súa rede social X este descontento de parte da cidadanía, e advirtiu que este contexto está a ser aproveitado polos inimigos da revolución con fins desestabilizadores. Denunciou que terroristas radicados nos EUA, a quen o Goberno cubano xa denunciou en reiteradas ocasións, están incentivando accións contra a orde interior do país.

Reiterou a disposición das autoridades do Partido, o Estado e o Goberno para atender os reclamos do pobo cubano. "Escoitar, dialogar, explicar as numerosas xestións que se están a realizar para mellorar a situación, sempre nun ambiente de tranquilidade". E reafirmou o compromiso do seu Goberno de traballar en paz para superar a situación actual, a pesar do bloqueo que pretende asfixiar a nación. “Seguiremos traballando en paz para saír desta situación”, sinalou.

Así llo trasladou á poboación a primeira secretaria do comité provincial do Partido en Santiago de Cuba, Beatriz Johnson Urrutia, informando que actualmente se está en proceso de distribución parcial da cesta básica de alimentos, e de dar resposta a todas estas inquedanzas.

As deficiencias no subministro de enerxía eléctrica, debido á escaseza de combustíbel nas centrais termoeléctricas, e outras carencias de insumos que Cuba vén padecendo en sectores tan importantes como a alimentación ou a atención sanitaria, teñen como principal causa o bloqueo imposto polos EUA. Un bloqueo que imposibilita o país a comerciar en igualdade de condicións con outros países e empresas, que se ven ameazados polas sancións, ou que obriga o Goberno cubano a afrontar prezos, polas transaccións con terceiros, que se multiplican con respecto aos prezos orixinais.

Na súa obsesión de botar abaixo o proceso revolucionario en Cuba (un mal exemplo para o resto do mundo), os EUA e os seus aliados están sometendo ao pobo cubano a unha situación extrema de supervivencia. É difícil de comprender que, logo das múltiples votacións no seo das Nacións Unidas, nas que case por unanimidade se pide o cese do bloqueo (só EUA e Israel votaron en contra), o imperio siga campando ás súas anchas, con todos os seus lacaios gardando silencio e sendo cómplices deste bloqueo xenocida contra un pobo que, sendo exemplo da solidariedade internacional e a defensa da paz, segue estando, incomprensibelmente, na lista de países colaboradores co terrorismo, porque así o ten decidido o país máis terrorista do mundo.

Fóra xa o bloqueo sobre Cuba!

Deixen vivir en paz e liberdade ao pobo cubano!

Solidaridad
Cubainformación.- La Asociación Suiza-Cuba, en su sección de Basilea, informa a este medio que "perseveramos, cada 17 de mes realizamos una acción contra el despiadado bloqueo estadounidense a Cuba. Como hicimos el 5 ...
Cubainformación.- Como cada año, la txosna (caseta) de la asociación Euskadi-Cuba en las Fiestas del Carmen de la localidad vasca de Santurtzi, convoca a cientos de personas, que ya se han acercado a degustar, principalmente, el ...
Cubainformación.- Lleno absoluto. Más de quinientas personas coparon la Carpa de Encuentros de la Semana Negra de Gijón, para escuchar la conferencia “Periodismo en tiempos de culto a la mentira. La era del conspiracionismo...
Lo último
La Columna
Aplicado alumno
Gerardo Moyá Noguera*.- Dice Última Hora diario que más de 100 personas han sido ejecutadas en lo que va de año 2024, en el reino de Arabia Saudí. ¿Y si se tratara de Cuba? En Cuba, país dónde e...
La Revista