Cubainformación.- O 25 de xullo, Día da Patria Galega, Cuba, a sua revolución e o movemento de solidariedade estarán presentes nas diversas manifestacións que se celebrarán pola mañá.
Así mesmo, no Festigal teremos un posto informativo e de venda de café e azucre cubanos así como diversos materiais da Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil.
Tamén ás 16,30h, na Galería das Letras e das Ideas, do propio Festigal, levarase a cabo a presentación do libro sobre Francisco Villamil, editado pola asociación co gallo do seu 40 aniversario, coa intervención de Erea del Rio (Presidenta da Asociación) e Moncho Leal (expresidente).
Animámosvos a apoiar a causa de Cuba contra o bloqueo imperialista e a rachalo comprando productos cubanos e acudindo á presentación do libro.