Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil.- Co gallo do "Dia da Patria Galega", e como xa tíñamos anunciado, a Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil estivo presente, denunciando o bloqueo, nas ruas de Compostela, ao paso das diversas manifestacións que se celebraron.
Á tarde participamos no espazo "Galería das letras e das ideas" do Festigal presentando o libro, editado pola asociación, sobre Francisco Villamil.
Paralelamente, e durante toda a xornada, tivemos un posto no que se vendeu café e azucre cubanos para rachar co bloqueo así como libros e diversos materiais.
Polo posto pasou multitude de persoas que se achegaban tanto para informarse, como para comprar e mesmo para mostrar o seu apoio contra o bloqueo imperialista.