Cubainformación.- O 26 de xullo conmemorouse en Vigo, o aniversario do asalto aos cuarteis Moncada en Santiago de Cuba e Céspedes en Baiamo. No acto incidiuse sobre todo na necesidade de rachar co bloqueo e da solidariedade internacionalista, subliñando como Cuba tamén a practica.


O acto foi conducido por Luisa Cuevas Raposo, da Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil, e iniciouse co himno cubano.

Tomou a palabra en primeiro lugar Erea del Río Iglesias, presidenta da Asociación.

 A seguir, a Consul Xeral da República de Cuba na Galiza, Ingrid Izquierdo Sterling.

Para finalizar leeuse o manifesto subscrito por diversas organizacións (1) e as compañeiras Laura e Marina Quintillan, tocaron o himno galego.

Aproveitouse para vender azucre e café cubanos, libros sobre Francisco Villamil e outros editados pola Asociación, informar das campañas que estamos a desenvolver e facer socias.

(1) MANIFESTO DE SOLIDARIEDADE COA REVOLUCIÓN CUBANA, NO 71º ANIVERSARIO DO ASALTO AOS CUARTEIS MONCADA E CARLOS MANUEL DE CÉSPEDES:
GALIZA CON CUBA, CONTRA O BLOQUEO E A AGRESIÓN IMPERIALISTA DOS ESTADOS UNIDOS.

Respondendo ao chamado da Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”, as organizacións políticas, sindicais e sociais de diverso carácter que subscribimos este Manifesto:


Saudamos un ano máis o pobo cubano neste 26 de Xullo, no seu Día da Rebeldía Nacional, en que conmemora o 71º Aniversario da xesta heroica na que unhas ducias de mozos e mozas liderados por Fidel Castro, emprenderon o asalto aos cuarteis do exército da ditadura de Batista, o Moncada en Santiago de Cuba e o Carlos Manuel de Céspedes en Bayamo, abrindo o camiño revolucionario cara á independencia real e o socialismo.
Denunciamos e condenamos o bloqueo económico, comercial e financeiro decretado contra Cuba pola Casa Branca, que se mantén dende hai 63 anos como eixo central da política dos Estados Unidos para a illa, malia o rexeitamento repetido, ano tras ano, pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas.


Rexeitamos o réxime de sancións arbitrarias e ilegais, e a extraterritorialidade de normas xurídicas que impón Estados Unidos ao resto de países servís, como os da Unión Europea, en renuncia fragrante da súa propia soberanía, e saudamos a sentenza condenatoria expresada en novembro de 2023 polo Tribunal Internacional contra o Bloqueo a Cuba celebrado en Bruxelas no Parlamento Europeo.


Rexeitamos a inclusión de Cuba nunha arbitraria listaxe de “estados patrocinadores do terrorismo” que Estados Unidos e os seus lacaios teñen establecido, e consideramos inaceptable que países que invadiron, bombardearon, colonizaron e deron golpes de Estado en ducias de países nos cinco continentes se abroguen o dereito de expedir “certificados de boa conduta democrática” a ninguén. Queremos a Cuba fóra desa lista, xa!!


Reclamamos a devolución dos territorios cubanos ocupados ilegalmente por Estados Unidos na baía de Guantánamo, o peche do infame campo de concentración e torturas alí establecido pola CIA e da base militar norteamericana.


Finalmente, chamamos o pobo galego a seguir expresando a súa solidariedade activa con Cuba.
Até a vitoria, sempre!


En Vigo, Galiza, o 26 de xullo de 2024.


Asinan:


Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil” e as organizacións seguintes:
Agora Galiza – Unidade Popular
Agrupación Xosé Velo
Asemblea Republicana de Vigo
Asociación Galego-Bolivariana Hugo Chávez
Bloque Nacionalista Galego
Central Unitaria de Traballadoras
Confederación Intersindical Galega
Esquerda Unida de Vigo
Galiza Nova
Mar de lumes – Comité Galego de Solidariedade Internacionalista
Partido Comunista de Galicia
Partido Comunista do Povo Galego
Partido Comunista dos Traballadores de Galiza
Partido Comunista pola República Galega
Unión do Povo Galego

 

Solidaridad
Santa Clara, Cuba, 27 jul (Prensa Latina) Los integrantes de la Asociación Cultural José Martí USA, realizaron hoy aquí un donativo de medicinas para los centros asistenciales de salud Pública de la provincia centra...
Ciudad de México, 27 jul (Prensa Latina) El Monumento a la Revolución, el Ángel de la Independencia, las jardineras de Reforma y edificios del Zócalo de esta capital fueron iluminados con los colores de la bandera cubana p...
Cubanos y ecuatorianos recuerdan aniversario 71 de asalto al Moncada (+Fotos) Quito, 26 jul (Prensa Latina) Cubanos y ecuatorianos recordaron hoy en esta capital el aniversario 71 del Asalto al Cuartel Moncada, fecha en la que se conmemora el D&iacu...
Lo último
La Columna
La Revista