Cubainformación.- Na mañá do sábado 26 de outubro levouse a cabo en Vigo unha concentración de solidariedade con Cuba, contra o bloqueo e pola saída xá da lista (elaborada polos EEUU) de países patrocinadores do terrorismo.


O manifesto foi leído pola compañeira Laura Quintillán:

CONTRA 63 ANOS DE BLOQUEO, SANCIÓNS E PADECEMENTOS IMPOSTOS AO POBO DE CUBA POLO GOBERNO DOS ESTADOS UNIDOS

Como cada ano, nestas datas, o goberno de Cuba presentará na Asemblea Xeral das Nacións Unidas unha resolución que condena o criminal e ilegal bloqueo, que por máis de 63 anos xa, Estados Unidos impón contra o pobo cubano.

E como cada ano, o vindeiro 30 de outubro, a case totalidade dos estados representados nas Nacións Unidas apoiarán a resolución cubana e esixirán que cese o bloqueo; esixirán que Estados Unidos respecte a soberanía do pobo cubano. Como cada ano, xa podemos prever o voto contrario de Estados Unidos e do seu sicario habitual, o xenocida Estado de Israel.

O bloqueo económico, comercial e financeiro é o elemento central que define a política dos Estados Unidos para Cuba desde hai  más de 63 anos.

Os efectos desta guerra non declarada contra a economía, a sociedade, a vida cotiá e os soños de progreso de máis de 11 millóns de cubanas e cubanos non cesaron nin por un día. Máis do 80 % da poboación da illa só coñeceu unha Cuba baixo bloqueo.

A intención explícita e declarada do bloqueo, como afirmou en 1960 Lester Mallory, subsecretario de Estado adxunto norteamericano,  non era outra que provocar fame, desesperación e padecementos á poboación para provocar o derrocamento do goberno revolucionario de Cuba.

Esas medidas de terrorismo económico por parte de Estados Unidos son a primeira e principal causa da crise económica que padece Cuba, ocasionándolle perdas económicas e atrancos comerciais e financeiros colosais.
Como consecuencia do bloqueo e da inclusión da illa nunha chamada lista de países patrocinadores do terrorismo, que lle dificulta e encarece todas as súas transaccións financeiras, Cuba vese hoxe nunha situación de emerxencia enerxética, que se traduce nas graves caídas do seu sistema eléctrico, como ocorreu recentemente.
Nese contexto de penuria enerxética e escaseza de combustibles, agrávanse os estragos de furacáns e tormentas tropicais, como a que se abateu sobre o Oriente cubano hai uns días, causando 7 vítimas mortais e perdas inxentes, en edificios, colleitas e vías de comunicación.

É hora de redobrarmos esforzos en solidariedade co heroico pobo de Cuba. Unha Cuba sempre solidaria cos pobos oprimidos e que, malia as súas dificultades propias, dotou 200 bolsas para estudantes da Palestina.
Desde a Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil:

Reclamamos que o Goberno do Estado español apoie na ONU a Resolución presentada por Cuba contra o bloqueo económico, comercial e financeiro decretado pola Casa Branca.

Rexeitamos o réxime de sancións arbitrarias e ilegais, e a extraterritorialidade de normas xurídicas que impón Estados Unidos ao resto de países servís, como os da Unión Europea, en renuncia fragrante da súa propia soberanía, e saudamos a sentenza condenatoria expresada en novembro de 2023 polo Tribunal Internacional contra o Bloqueo a Cuba celebrado en Bruxelas no Parlamento Europeo.

Rexeitamos a inclusión de Cuba nunha arbitraria listaxe de “estados patrocinadores do terrorismo” que Estados Unidos e os seus lacaios teñen establecido, e consideramos inaceptable que estados que invadiron, bombardearon, colonizaron e deron golpes de Estado en ducias de países nos cinco continentes se abroguen o dereito de expedir “certificados de boa conduta democrática” a ninguén. Queremos a Cuba fóra desa lista, xa!!
Reclamamos a devolución dos territorios cubanos ocupados ilegalmente por Estados Unidos na baía de Guantánamo, o peche do infame campo de concentración e torturas alí establecido pola CIA e da base militar norteamericana.

Finalmente, chamamos o pobo galego a seguir expresando a súa solidariedade activa con Cuba, especialmente a todas as organizacións e persoas amigas de Cuba, para axudarnos a afrontar os estragos da tormenta tropical Oscar, así como apoiar os proxectos de electrificación solar no sector da saúde e a agricultura.
Viva Cuba Socialista!

En Vigo, Galiza, o 26 de outubro de 2024

Laura Quintillán lendo o manifesto

Solidaridad
Cuba en Resumen Corresponsal de Al Hadaf La Habana, Cuba Sábado, 26 de octubre de 2024 Nuestra idea es que el movimiento estudiantil palestino (y por lo tanto el movimiento revolucionario palestino) se levantó sobre la base de la solida...
Ciudad de Panamá, 27 oct (Prensa Latina) Organizaciones sociales, sindicales, de solidaridad y residentes cubanos en Panamá demandaron hoy el fin del bloqueo impuesto por Estados Unidos a la isla hace más de 60 años. Tras...
Lo último
La Columna
La Revista